InicioSociedadeA empresa xestora dos comedores de gardarías onde houbo intoxicacións cambiará de...

A empresa xestora dos comedores de gardarías onde houbo intoxicacións cambiará de provedores

Consorcio Galego de Servizos en Igualdade e Benestar, informa que todos os produtos, desde os alimenticios ao enxoval de cociña, deixarán de estar fornecidos polos provedores centralizados cos que conta a empresa, que terá que recorrer a establecementos localizados nas proximidades de cada centro.

PUBLICADO O

A empresa de cátering que xestiona os comedores de escolas infantís A Galiña Azul nos que se produciron intoxicacións e reaccións alérxicas estará obrigado a cambiar de provedores dos produtos do menú e acudir a establecementos de proximidade.

A medida, adoptada pola Xunta a través do Consorcio Galego de Servizos en Igualdade e Benestar, entrará en vigor de maneira indefinida a partir deste xoves e afectará a todas as gardarías nas que a empresa Freire Chico SL xestiona o comedor escolar.

A través dun comunicado, o consorcio informa que todos os produtos, desde os alimenticios ao enxoval de cociña, deixarán de estar fornecidos polos provedores centralizados cos que conta a empresa, que terá que recorrer a establecementos localizados nas proximidades de cada centro.

A medida prodúcese despois de que, o pasado luns, se rexistrase un episodio de reacción alérxica leve entre o alumnado de entre 15 e 20 gardarías da rede da Xunta cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa responsable da intoxicación, a mediados de outubro, de polo menos 41 nenos por un peixe servido en mal estado.

Así as cousas, o Consorcio Galego de Servizos Sociais lanza unha mensaxe de “tranquilidade” ás familias “dada a levedade de todas as reaccións alérxicas que se rexistraron”.

NOVAS INTOXICACIÓNS

Os novos casos de intoxicacións afectaron a entre 15 e 20 gardarías da rede de escolas infantís ‘A Galiña Azul’. O Goberno galego mantén aberta unha investigación para pescudar se esta problemática garda algunha relación coas reaccións alérxicas leves rexistradas o pasado mes de outubro que padeceron varias decenas de menores nas zonas de Cangas e A Coruña.

Todos estes centros contan cun servizo de cociña xestionado pola mesma empresa. As primeiras reaccións alérxicas detectadas en outubro déronse por menús de peixe que consistían en palometa. Os técnicos estudaron mostras de peixe tanto en cru, conxelado como cociñado e constataran a presenza dunha sustancia, ‘histamina’, por encima dos valores normais.

Días despois empezaron a denunciarse máis casos, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se tomarían medidas ante esta situación unha vez conclúa a investigación sobre a empresa, o servizo de cociña e a provedora do peixe servido. Nun principio, a investigación sospeitaba que se tratou dun problema de ruptura da cadea de frío durante o transporte.

Este martes detectáronse novos casos de alerxias cos mesmos síntomas e reaccións que os denunciados no mes de outubro (manchas vermellas que desaparecían co tempo, malestar). A diferenza principal radica en que nesta ocasión non se tratou dunha partida de peixe concreta, senón que se serviu crema de brécol e cabaza e raxo de pito con macarróns.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...