InicioSociedadeOs 1.300 funcionarios municipais de Vigo elixen este xoves ao novo comité...

Os 1.300 funcionarios municipais de Vigo elixen este xoves ao novo comité de persoal do Concello

Concorrerán por primeira vez o sindicato CUT e o sindicato de policías municipais SPPME. Entre os retos que deberá afrontar o novo comité está o conflito de bombeiros e a suba salarial da Policía Local.

PUBLICADO O

Máis de 1.300 traballadores municipais de Vigo están chamados este xoves ás urnas para elixir aos 36 membros do novo comité de persoal do Concello olívico, nunhas eleccións sindicais nas que, por primeira vez, concorrerán o sindicato CUT e o sindicato de policías municipais SPPME.

O censo de traballadores do Concello está dividido en tres ‘colexios’: funcionarios (1.034 traballadores), persoal laboral e técnicos (255 traballadores) e especialistas (83 traballadores). Todos eles poderán exercer o seu dereito ao voto de 9 a 17 horas no vestíbulo do auditorio municipal.

Nestes comicios, presentarán listas os sindicatos SICO, UGT, CC.OO., CIG, CUT e SPPME para o colexio de funcionarios, mentres que para representar ao resto de traballadores, haberá candidaturas do catro primeiras centrais.

Dos 36 membros do comité de persoal municipal, 23 serán elixidos o colexio de funcionarios, mentres que persoal laboral e técnicos elixirán a 10 representantes, e os especialistas a 3 delegados.

Nas eleccións de 2015, o SICO volveu obter a maioría de delegados, con 12 representantes en total, mentres que UGT obtivo 10 delegados, CIG obtivo 8 e CC.OO. obtivo 6. Un acordo entre UGT, CC.OO. e CIG deu a presidencia do comité a Pergentino Martínez (UGT).

Entre os retos que deberá afrontar o novo comité está o conflito de bombeiros (en folga indefinida desde mediados de agosto por falta de persoal), as reclamacións da Policía Local sobre equiparación salarial, os procesos de funcionarización ou a execución das Ofertas Públicas de Emprego pendentes.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...