InicioPolíticaAs previsións da Xunta son de adxudicar en novembro a ampliación de...

As previsións da Xunta son de adxudicar en novembro a ampliación de Ifevi

Núñez Feijóo indicou que esta nova ampliación é froito do "compromiso moi claro" por parte do Executivo galego para que o sector do conxelado sexa un sector punteiro na comunidade autónoma.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns que en breve prevén adxudicar as obras dunha nova ampliación do recinto feiral de Vigo (Ifevi).

“Durante este mes de outubro estamos a redactar o proxecto construtivo para a segunda ampliación de Ifevi e espero que en novembro podamos adxudicar o proxecto de construción da ampliación do recinto feiral en tres anos”, sinalou.

Núñez Feijóo indicou que esta nova ampliación é froito do “compromiso moi claro” por parte do Executivo galego para que o sector do conxelado sexa un sector punteiro na comunidade autónoma.

“O ano pasado entregamos 5.000 metros cadrados e agora, en canto finalicemos a obra, espero volver entregar a ampliación de Ifevi para que Conxemar siga sendo a primeira feira do conxelado de Europa”, resolveu.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...