InicioSociedadeVigo recibe entre aplausos e ao berro de "Valentes!" aos axentes da...

Vigo recibe entre aplausos e ao berro de “Valentes!” aos axentes da UIP que regresan de Cataluña

Os compañeiros do policía ferido grave afirman que "lle están quitando a respiración asistida".

PUBLICADO O

Decenas de vigueses apiñáronse este mércores ao mediodía nun dos accesos á Comisaría de Policía Nacional para recibir a 35 dos axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) desprazados a Cataluña, e que regresaron á cidade.

Entre aplausos, portando bandeiras de España, pancartas de agradecemento e rosas vermellas, corearon aclamacións como “Valentes!“, “Non estades sós, estamos convosco!”, ou “Esta é nosa Policía!”, á chegada do seis furgóns que entraron na Comisaría por cálea Pintor José Frau.

Así, os axentes fixeron a súa entrada lentamente, coas portas dos vehículos abertas e repartindo sorrisos e abrazos aos cidadáns que se achegaron para darlles as grazas e regalarlles flores, e saudando tamén aos veciños que lles aplaudían desde os balcóns da rúa.

Estamos moi agradecidos por este recibimento. E temos noticias esperanzadoras. A Iván están a quitarlle a respiración asistida, está grave pero estable”, sinalou un dos funcionarios.

O caloroso recibimento emocionou a moitos dos axentes que, con bágoas nos ollos, recoñeceron que os 18 días pasados en Cataluña “foron moi duros”, e que agora só pensan en descansar coas súas familias.

Os axentes que regresaron este mércores a Vigo forman parte do grupo ‘Raya 30’ da UIP, o mesmo grupo ao que pertence Iván A.F., o axente ferido o pasado venres e que permanece no hospital. En Cataluña continúan despregados os policías do grupo ‘Raya 40’ da UIP da Comisaría de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...