InicioSociedadeVigo terá en Nadal 50 máquinas lanzando neve artificial

Vigo terá en Nadal 50 máquinas lanzando neve artificial

O mercado, con 58 postos e espazos "para tomar algo", abrirá o próximo 24 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo instalará na Praza de Compostela un mercado do Nadal de artesanía e postos de alimentación, todo iso iluminado cun gran corredor de luces, e no que non faltará a neve, grazas a 50 máquinas que lanzarán copos artificiais cada hora.

Así o anunciou este martes o alcalde, Abel Caballero, quen informou de que o mercado, con 58 postos e espazos “para tomar algo”, abrirá o próximo 24 de novembro.

Ademais de situarse á beira da gran nora (“un dos grandes atractivos” do Nadal de Vigo este ano), contará cun aliciente máis: haberá “nevaradas” periodicamente. “Cada hora, haberá un par de minutos en que vai nevar. O alcalde, que xa controla bastante ben a choiva e o sol, agora vai controlar a neve”, chanceou o rexedor.

Caballero lembrou que a campaña do Nadal de Vigo, que xa é “un fenómeno turístico en toda España e unha parte importante de Europa”, contará con outros atractivos, como a iluminación (10 millóns de luces LED repartidas en 334 rúas, 2.700 arcos, 465 árbores, a árbore xigante, a bóla de neve, o boneco e outros elementos ornamentais).

Todo iso, asegurou, cun consumo enerxético “practicamente cero”, e ao que hai que engadir outras iniciativas, como outros mercados, a pista de patinaxe, a rampla de xeo ou o poboado do Nadal.

Así, o alcalde mostrouse convencido de que, neste ano, o Nadal vigués volverá bater marcas, e superará os “dous millóns de visitantes” da campaña pasada.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...