InicioSociedadeEncontro entre sindicalistas e o xerente do Sergas sen avance sobre o...

Encontro entre sindicalistas e o xerente do Sergas sen avance sobre o futuro de Povisa

Delegados de CIG-Saúde pídenlle que a Xunta merque o hospital.

PUBLICADO O

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, recibiu este martes a delegados de CIG-Saúde e membros do comité de empresa de Povisa, que reclaman á Xunta que adquira o centro hospitalario vigués para garantir a cobertura sanitaria pública na área de Vigo”.

Fontes da Consellería de Sanidade explicaron a Europa Press que o xerente do Sergas escoitou as reivindicacións destes delegados sindicais, á vez que lembraron que este departamento autonómico xa recibira anteriormente ao comité de empresa de Povisa tras anunciarse a súa venda.

Pola súa banda, CIG-Saúde explicou que membros do comité de empresa de Povisa e da CIG-Saúde acudiron este martes á Consellería de Sanidade en San Lázaro para “manifestar o seu rexeitamento á compra, por unha contía mínima, do centro hospitalario por parte da aseguradora estadounidense Centene” e “denunciar a perda de oportunidade da Xunta de adquirir Povisa por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo”.

CIG-Saúde demanda unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a quen lla solicitaron o pasado 8 de outubro para abordar a compra de Povisa. Para a central sindical, que adquira este centro hospitalario a Xunta “permitiría garantir unha prestación a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados”.

De modo paralelo ao encontro co xerente do Sergas, e mentres estiveron á espera de ser recibidos en dependencias da Consellería, no exterior das instalacións en San Lázaro permaneceron concentrados delegados de CIG-Saúde.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...