InicioSociedadeUnha árbore caída provoca detencións e atrasos en tres liñas de tren...

Unha árbore caída provoca detencións e atrasos en tres liñas de tren entre Vigo e Ourense

Unha árbore caída na vía provocou detencións e atrasos este domingo no tramo entre Vigo e Ourense realizado por tres liñas de tren, segundo informan a Europa Press fontes de Adif.

PUBLICADO O

Unha árbore caída  na vía provocou detencións e atrasos este domingo no tramo entre Vigo e Ourense realizado por tres liñas de tren, segundo informan a Europa Press fontes de Adif.

En concreto, o primeiro convoi que se topou con esta incidencia ao redor das 7,50 desta mañá foi o de media distancia Vigo-Ponferrada-León e quedou detido entre a parada de Guillarei, en Tui, e Salvaterra (Pontevedra).

Ademais deste servizo, quedou afectado o de media distancia que fai a ruta Vigo-Ourense, cuxos pasaxeiros tiveron que baixarse no Porriño para ser levados ata a cidade das Burgas en autobús.

Tamén foi cortado o servizo do tren ‘intercity’ entre Vigo e Bilbao, que pasa por Ourense. Quedou detido desde as 10,00 da mañá en Guillarei.

A previsión de Adif é que a vía estea de novo operativa a partir das 12,00 horas. O temporal que este domingo afecta as provincias do sur de Galicia foi o culpable da caída desta árbore que provocou senllas incidencias no servizo ferroviario.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...