InicioSociedadeA UVigo será a primeira universidade española autorizada para voar drones en...

A UVigo será a primeira universidade española autorizada para voar drones en espazo aéreo controlado

Ata agora os drones da UVigo non podían voar sobre as praias da cidade, sobre a ría ou sobre o termo municipal de Mos, pero co certificado da AESA poderanse solicitar voos nestas zonas, e mesmo no espazo aéreo controlado doutros aeroportos.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo recibiu autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, AESA, para realizar voos con drones en espazo aéreo controlado, de modo que se converteu na primeira universidade española con este certificado (que ata agora só tiñan 8 empresas privadas).

Esta autorización permitirá que a Unidade de Detección Remota do CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación) da Universidade poida voar aeronaves non tripuladas de ata 25 quilos, dentro dun radio de 8 quilómetros dun aeroporto, pero sempre fose da contorna aeroportuaria.

Ramiro Álvarez, técnico responsable desta Unidade, explicou que se poderán realizar voos “para actividades profesionais de investigación e desenvolvemento, fotografía e levantamentos aéreos, como topográficos ou fotogrametría”.

Ata agora, por exemplo, os drones da UVigo non podían voar sobre as praias da cidade, sobre a ría ou sobre o termo municipal de Mos, pero co certificado da AESA poderanse solicitar voos nestas zonas, e mesmo no espazo aéreo controlado doutros aeroportos.

O feito de ser a única universidade española con este permiso supón “unha vantaxe á hora de realizar proxectos en lugares” nos que outras institucións académicas non poden, segundo Ramiro Álvarez.

A Unidade de Detección Remota xa recibiu a primeira solicitude para un deses voos. Trátase dunha empresa interesada en contratar ao CACTI para facer un voo fotogramétrico sobre unha parcela moi próxima ao campus vigués.

Se o acordo coa empresa confírmase, a Universidade enviará ao aeroporto de Peinador a autorización da AESA cun mínimo de 20 días de antelación e o propio Ramiro Álvarez, que conta co título de piloto de vehículos aéreos non tripulados e un curso de radiofonista, ‘pilotará’ ese voo.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...