InicioSociedadeO Sergas pide a Ribera Salud que cumpra os termos "acordados e...

O Sergas pide a Ribera Salud que cumpra os termos “acordados e pactados” no concerto de Povisa

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, o conselleiro tamén lles transmitiu as preocupacións dos traballadores de Povis, aos que lles confirmou a súa "firme aposta" por garantir a calidade e seguridade da asistencia e o mantemento dos postos de traballo.

PUBLICADO O

O equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), encabezado polo seu máximo responsable, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse este venres cos directivos do Grupo Ribera Salud, os novos propietarios do Hospital Povisa de Vigo, a quen lles pediu que cumpran os termos “acordados e pactados” no concerto co devandito centro de saúde.

Nesta primeira reunión, celebrada en Santiago, Almuiña incidiu en que a adquisición de Povisa non ten que afectar o concerto co Sergas, e trasladoulles aos novos donos do hospital que a principal preocupación do seu departamento é o mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo.

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, o conselleiro tamén lles transmitiu as preocupacións dos traballadores de Povisa, despois de que esta mesma semana o equipo directivo de Sanidade reunísese con representantes do comité de empresa, aos que lles confirmou a súa “firme aposta” por garantir a calidade e seguridade da asistencia e o mantemento dos postos de traballo.

Na reunión deste venres, tamén se revisaron os obxectivos asistenciais fixados para este ano, que son un total de 29 indicadores, que van desde a taxa de cobertura da vacina antigripal ao persoal sanitario, ata indicadores de tempos de resposta asistencial, de organización e de calidade, entre outros.

PROTESTAS

Pola súa banda, traballadores de Povisa, representantes da CIG-Saúde e da executiva confederal desta organización sindical concentráronse este venres diante da Consellería de Sanidade para esixir ao Sergas a adquisición do centro hospitalario antes de que acabe o período de valoración da operación por parte da Comisión Nacional do Mercado e da Competencia.

Así, segundo indicou a CIG nun comunicado, a representante da organización sindical no comité de empresa, María Xesús Neira, cuestionou as afirmacións do consellerio respecto das garantías que ofrece esta empresa no relativo ao mantemento dos postos e das condicións de traballo, así como dos “supostos” investimentos que vai realizar a multinacional.

“Seguramente si, pero se vai investir en maquinaria, en modernizar o edificio é sobre todo na parte privada. Van tentar que os privados aumenten, que é onde realmente queren meter. No que é a parte do Sergas imos seguir igual ou peor”, criticou.

BNG

Tamén o BNG pedirá á Xunta que compre Povisa e integre este centro na rede da sanidade pública. Así o fará a través dunha moción que os nacionalistas defenderán no próximo pleno do Parlamento.

Tal como informaron nun comunicado, esta moción, que estará a cargo da deputada Montse Prado, demandará, ademais, a realización dunha auditoría das contas e da xestión do hospital no relativo ao concerto co Sergas.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...