InicioSociedadeOs alumnos do buque-escola noruegués 'Sorlandet' colaboran co Banco de Alimentos de...

Os alumnos do buque-escola noruegués ‘Sorlandet’ colaboran co Banco de Alimentos de Vigo

Estudantes de varios países recollerán produtos de primeira necesidade nos supermercados Froiz de Praza Elíptica e Navia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 60 alumnos da A+ World Academy a bordo do buque-escola noruegués Sorlandet, atracado no porto de Vigo, realizarán este venres unha Operación Quilo especial a favor de Banco de Alimentos.

O persoal deste barco de vela, que está a percorrer distintas cidades do mundo, púxose en contacto semanas atrás coa ONG solicitando unha acción de voluntariado para os seus estudantes procedentes de países como Noruega, India, México ou Estados Unidos, entre outros.

Por iso, este mesmo xoves, responsables da Fundación Provincial Banco de Alimentos desprazáronse ata as instalacións do buque escola, onde ofreceron unha charla formativa sobre a actividade da entidade aos novos estudantes de bacharelato.

Durante o encontro, o presidente e vicepresidente da entidade, Pedro Pereira e Iván Martínez, respectivamente, agradeceron o interese mostrado polo persoal deste buque escola.

“Ides vivir unha experiencia única, en cuestións académicas non só hai que ser os mellores estudantes ou tentalo, senón que tamén hai que saber porse na pel das persoas que, desgraciadamente, non poden ter unha vida como a vosa, que sen a axuda dos Bancos de Alimentos aínda se atoparían nunha situación peor”, destacou Martínez.

Por parte do A+ World Academy, a Assitant Dean, Gabriela Delgado, indicou que é unha “gran honra poder participar en actividades solidarias así” e agregou que supón “toda unha meta” para os alumnos achegarse a realidades próximas de necesidade.

PRAZA ELÍPTICA E NAVIA

Desta maneira, este venres os alumnos repartiranse para participar como voluntarios en dous supermercados Froiz, situados na Praza Elíptica e en San Paio de Navia, de 10,00 horas a 14,00 horas en grupos de 10 persoas. Ademais, contarán co apoio de tradutores de inglés da Escola Oficial de Idiomas, que de maneira altruísta colaborarán coa ONG.

Á vez que se celebrará a Operación Quilo, outros 40 alumnos realizarán labores de clasificación de comida no almacén de alimentos situado en Lavadores. Banco de Alimentos destacou, ademais, que aproveitando esta recollida especial, a cadea de supermercados Froiz comprometeuse a doar tamén “unha importante cantidade de produtos básicos” que chegará nas próximas datas á nave.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...