Desaparecido en Madrid un home de 47 anos natural de Redondela

Juan Carlos Gil Vila, desaparecido en Madrid o 5 de outubro de 2019 / SOS DESAPARECIDOS.

Juan Carlos Gil Vila, natural do municipio de Redondela aínda que residente en Madrid por motivos laborais, permanece desaparecido desde o pasado sábado 5 de outubro.

Segundo informa SOS Desaparecidos, Juan Carlos Gil Vila ten 47 anos e foi visto por última vez en Madrid.

Mide 1,70 de altura, ten unha tatuaxe no brazo esquerdo, pelo rizado moreno e os ollos marróns.