Tres menores de idade feridos nun accidente de circulación en Cangas

Os feridos foron trasladados a un centro hospitalario polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar, ao que tamén acudiron axentes da Policía Local e membros de Protección Civil.

Ambulancia / © Miguel Núñez

Catro persoas, tres delas menores de idade, resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado en Cangas no mediodía deste mércores.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, ao redor das 13,00 horas, o coche no que viaxaban os feridos saíu da vía cando circulaba pola Avenida de Lugo á altura dun campo de fútbol.

O turismo acabou impactando contra un transformador da luz, o que provocou que a zona permanecese sen electricidade ata o momento no que técnicos da empresa restableceron o servizo.