InicioSociedadeBNG presentará unha moción en todos os concellos con poboación adscrita a...

BNG presentará unha moción en todos os concellos con poboación adscrita a Povisa para pedir o seu rescate polo Sergas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentará unha moción en todos os concellos con poboación adscrita ao hospital Povisa de Vigo para pedir o seu rescate por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas), despois de que o pasado xoves a compañía Ribera Salud, cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene Corporation, se fixo co 90% das accións do centro sanitario, mentres que o Banco Sabadell conta co 10% restante.

Así o sinalou este martes nunha rolda de prensa o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen sinalou que os nacionalistas pretenden con esta moción “garantir o dereito de toda a poboación da área sanitaria a ter unha atención 100% pública, gratuíta, universal e de calidade”, polo que levará a varios concellos, como Moaña, Cangas ou Nigrán.

“Parece que hai algunhas familias na cidade e algunhas grandes empresas ás que non se lles pode chistar”, criticou Igrexas, despois de lamentar que a operación realizada “non é un traspaso dunha cafetaría entre particulares”, xa que “sete de cada dez euros” que ingresa Povisa “veñen de fondos públicos”.

“MENTIRA ABSOLUTA”

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que as informacións que dicían que el se opuña a que Povisa fose público son unha “mentira absoluta”. Así, sinalou ao BNG e directamente á Confederación Intersindical Galega (CIG), a quen acusou de difundir esta información.

O rexedor olívico fixo esta precisión despois de que este luns, tras a reunión co comité de empresa do hospital, a delegada da CIG no comité, Chus Neira, lamentase que Caballero comparase “Povisa co Hospital Álvaro Cunqueiro que, segundo o alcalde, é “privado”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...