InicioSociedadeA Xunta critica a Caballero: "dá a sensación de que ao concello...

A Xunta critica a Caballero: “dá a sensación de que ao concello non lle importa que os peregrinos se perdan en Vigo”

Xunta ve "inaudito" e "irresponsable" que Vigo se negue a sinalizar Camiño e di que os peregrinos sinten "inseguridade" na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, dixo este venres que lle parece “inaudito” e unha “absoluta irresponsabilidade” que o Concello de Vigo sexa a única cidade de Europa que se siga negando a sinalizar o Camiño de Santiago.

“Desgraciadamente, dá a sensación de que ao Concello de Vigo non lle importa que os peregrinos se perdan en Vigo”, dixo o conselleiro no Museo do Mar, onde acudiu para presentar o festival de música ‘Vigo Emerxe’.

O caso de Vigo, dixo Rodríguez, é “singular e único”, unha “excepción absoluta”, porque “non hai concello en España polo que transcorra o Camiño de Santiago que non estea sinalizado”.

O conselleiro explicou que foron varias as ocasións nas que, conforme ao marco legal, a Xunta pediu a Vigo a autorización para sinalizar, obtendo sempre un non por resposta, o que lles parece unha “irresponsabilidade”. “A quen se falta ao respecto é aos centos de miles de peregrinos que pasaron e pasarán por aquí e que nos din que teñen inseguridade”, subliñou Rodríguez.

“O Concello péchase a que se dea licenza”, concluíu o conselleiro, para quen o obxectivo da sinalización é que os peregrinos vaian seguros e encomiando o “moito e bo que ten Vigo”.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...