InicioSociedadeO Sergas acusa a Abel Caballero de buscar o "enfrontamento"

O Sergas acusa a Abel Caballero de buscar o “enfrontamento”

O Sergas respondeu este martes ás críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre a redución de poboación de referencia nesta área sanitaria e sobre a diminución de recursos para prestar estes servizos, e lamentou que o rexedor busque o "enfrontamento" cun "debate xa superado", en lugar de recoñecer o bo traballo da profesionais da área.

PUBLICADO O

O Sergas respondeu este martes ás críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre a redución de poboación de referencia nesta área sanitaria e sobre a diminución de recursos para prestar estes servizos, e lamentou que o rexedor busque o “enfrontamento” cun “debate xa superado”, en lugar de recoñecer o bo traballo da profesionais da área.

A través dun comunicado, Sanidade instou a Caballero a que “recoñeza, dunha vez por todas” ese labor, e criticou que fale do traslado de cartillas sen facer mención das referencias de especialidades que conseguiu a área sanitaria de Vigo, captando pacientes de Ourense e da área de Pontevedra.

O Sergas defendeu as medidas adoptadas que permitiron, entre outras cousas, que a demora para as intervencións de cirurxía cardíaca do Chuvi sexa “a máis baixa da serie”, e incidiu en que a área de Vigo “é a mellor dotada tecnoloxicamente de Galicia”

Así mesmo, subliñou outros logros, como a instalación dun quirófano híbrido no Álvaro Cunqueiro, a colocación dunha válvula tricúspide a medida a un paciente nunha operación de repercusión mundial, ou a instalación dun TC intraoperatorio en quirófano.

“Ademais, o alcalde falta á verdade cando fala de recortes en distintos servizos”, sinalaron fontes do Sergas, que enumeraron os investimentos nas áreas de cirurxía cardíaca, hemodinámica ou cirurxía pediátrica.

Por todo iso, pediron ao rexedor “que se poña, dunha vez, á beira dos profesionais e dos pacientes, en lugar de sementar dúbidas e alarmar á poboación”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...