“Vigo pode quedar sen auga se a Xunta non avanza no trasvasamento do Verdugo”

O goberno municipal de Vigo alertou este venres sobre o risco de que poida producirse unha crise por seca, como ocorreu o pasado verán, e denunciou que, a pesar diso, a Xunta non deu pasos para a construción do trasvasamento do río Verdugo, que permitiría aumentar a capacidade do encoro de Eiras.

Río Verdugo
Río Verdugo / Gabriel González.

O goberno municipal de Vigo alertou este venres sobre o risco de que poida producirse unha crise por seca, como ocorreu o pasado verán, e denunciou que, a pesar diso, a Xunta non deu pasos para a construción do trasvasamento do río Verdugo, que permitiría aumentar a capacidade do encoro de Eiras.

Nunha rolda de prensa, o portavoz municipal, Carlos López Font, sinalou que, “a un mes de que entre o verán”, Vigo segue “sen solución”, e non se produciron avances a pesar de que o goberno local remitiu, en xaneiro pasado, un convenio á Xunta para a construción do trasvasamento do Verdugo (unha obra duns 6 millóns de euros que financiaría, case na súa totalidade, o concello olívico).

O concelleiro socialista advertiu de que o goberno galego “non quere atender aos requirimentos de Vigo”, o que supón “un grave problema” porque a cidade pode “quedar sen auga”. “A situación é urxente, nuns meses podemos atoparnos cunha situación grave”, insistiu.

López Font lamentou que o goberno autonómico non só non achega “ningunha solución”, senón que “nin sequera impulsa as medidas xa pactadas e que non lle supoñen custo”, en alusión a esa obra no río Verdugo (á que, por outra banda, opuxéronse os alcaldes da zona pola que discorre o río).