Detido un veciño de Nigrán acusado de roubar máis de 400 euros de esmolas nunha igrexa

A Garda Civil detivo ao acusado como presunto autor de dous roubos con forza cometidos durante este mes de xullo na igrexa parroquial de Santa Cristina da Ramallosa.

[Grupovigo] Nota De Prensa Detención Autor Roubos Igrexa Santa Cristina Da Ramallosa

A Garda Civil detivo a un veciño de Nigrán como presunto autor de dous roubos con forza cometidos durante este mes de xullo na igrexa parroquial de Santa Cristina da Ramallosa. Así, segundo informa o Insituto Armado, o detido, de 46 anos de idade e “cun amplo historial delituoso”, cometeu presuntamente dous roubos en apenas quince días.

O primeiro deles foi denunciado polo párroco da igrexa a principios do mes de xullo, cando se decatou de que se levaron os ‘petos’ das lismonas, cunha recadación estimada de 400 euros. Dúas semanas despois, un roubo das mesmas características puxo aos investigadores na pista do agora detido, que era o principal sospeitoso dos actos.

Por mor da súa detención facilitou información sobre os ‘petos’ que subtraera, que foron recuperados na parte posterior do patio da igrexa, onde foran escondidos nunha zona axardinada con plantas e matogueiras. Unha vez confeccionadas as dilixencias policiais relacionadas coa súa detención como presunto autor de dous delitos de roubo con forza, quedou en liberdade coa obrigación de comparecer, cando sexa citado, no Xulgado de Instrución de garda de Vigo.