InicioSociedadeJácome comprométese a que o Edificio da Auga da UVigo poida ser...

Jácome comprométese a que o Edificio da Auga da UVigo poida ser ocupado en setembro

"Neste momento, por parte da Universidade estamos a traballar nos estudos técnicos que se nos requiren e o Concello tamén se comprometeu a acreditar o edificio o máis axiña posible", declarou o reitor da Universidade de Vigo.

PUBLICADO O

O Edificio da Auga do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, de recente construción, mantense paralizado e á espera de ser ocupado para o inicio do novo curso universitario. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comprometeuse este luns a “liberalo do seu bloqueo antes do mes de setembro”.

Así llo fixo saber ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e a outros membros da comunidade educativa na reunión mantida na mañá deste luns na alcaldía. A paralización do Edificio da Auga débese a “un tema de licenzas”, segundo explicou o reitor.

“Neste momento, por parte da Universidade estamos a traballar nos estudos técnicos que se nos requiren e o Concello tamén se comprometeu a acreditar o edificio o máis axiña posible”, declarou.

Outro dos temas “vitais” tratados na reunión é a necesidade, de cara aos próximos anos, de contar con máis edificios no campus universitario de Ourense. “É necesario facer unha previsión no Plan Urbanístico ou ben unha modificación puntual no actual para que se poidan construír, como mínimo, dous edificios que reforcen ao campus”, abundou Jácome.

Neste contexto, o reitor da Universidade de Vigo explicou que a petición ao alcalde de Ourense faise “con vistas ao futuro”. De entre as accións urbanísticas, “algunhas son urxentes porque se necesitan espazos para o curso que vén e outras son pensando no que virá“, indicou.

En parte, a necesidade de ampliar o número de edificios baséase na previsión de que a Xunta de Galicia traerá a Ourense novas titulacións coa elaboración do seguinte mapa de titulacións previsto para dentro de dous anos.

ENXEÑARÍA AEROESPACIAL

Nestes momentos, unha das propostas que puxeron encima da mesa é a necesidade dun edificio para a titulación de Enxeñaría Aeroespacial. “Trátase dunha titulación que recolle alumnado de altas capacidades e conta cun tirón extraordinario podendo chegar a converterse en básica para a industria local e galega, por este motivo consideramos que debe ter un edificio propio”, expuxo o reitor.

Con respecto ao debate en torno ao máster de enxeñaría aeronáutica, segue pendente coñecerse se Ourense perderá a súa exclusividade, de ser aceptada a petición da Universidade da Coruña para facelo interuniversitario.

“Nestes momentos están as dúas propostas encima da mesa e terá que tomar unha decisión a Xunta de Galicia”, explicou Manuel Reigosa. Así as cousas, mostrouse “tranquilo” porque dixo que, no caso de que finalmente sexa unha formación interuniversitaria, a Xunta garantiulles que “será Ourense quen o lidere”.

Ademais, lembrou o acordo asinado no ano 2017 polos reitores das tres universidades galegas xunto coa Consellería de Educación que aposta por dar prioridade aos másteres interuniversitarios, entre outras cousas porque “se comparten gastos e alcánzase un maior número de alumnos”.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...