Sinaí Giménez alega que “non pegou a ninguén” nunha liorta en Cangas: “Non son ningún delincuente”

Foi foi citado polo Xulgado por unha liorta cos coñecidos como 'zamoranos' no mercado de Cangas do Morrazo.

Sinaí Giménez / Beatriz Ciscar - Europa Press

O coñecido como ‘rei dos xitanos de Galicia’, Sinaí Giménez, alegou este luns, antes de entrar nos xulgados en Pontevedra, que “non pegou a ninguén”. ” Sinaí Giménez non é ningún delincuente”, afirmou antes de entrar nos xulgados, onde foi citado por unha liorta cos coñecidos como ‘zamoranos’ no mercado de Cangas do Morrazo.

Sinaí Giménez, ao que acudiron a apoiar medio cento de xitanos, explicou que os feitos sucederon despois de que a súa nai denunciase ante a Fiscalía “unha compravenda de nenos roubados” e, “á semana, de forma organizada ocuparon tres metros do seu posto” e despois unha “represalia”. “Non teño disputas contra os zamoranos”, asegurou.

“Non sei por que tanta alteración, Sinaí Giménez non é ningún delincuente”, sinalou o propio procesado para engadir que “non ten antecedentes penais”. “Sinaí non pegou a ninguén”, dixo, para insistir en que acudirá a todos os seus xuízos “tranquilo, a defenderse como calquera cidadán español”.

“Péganlle á miña nai, eu vou levantala e non me deixan levantarme do chan, péganme catro golpes e alí quedei teso. Grazas á Garda Civil non estamos mortos”, relatou en relación ao sucedido en Cangas, que atribúe a que “foi organizado” porque os ‘zamoranos’ “sabían que só estabamos tres ou catro xitanos galegos”.

“Por que non o fan cando estamos case ao 50%?. Foi todo moi coordinado, por que non o fixeron en Redondela?, porque alí estamos ao 50% e no corpo a corpo non poden cos xitanos galegos“, abundou.

XUÍZO

Na vista deste luns falta de novo un acusado, Rafael F. G., polo que o tribunal ten que determinar se se celebra ou se apraza o xuízo sinalado para esta xornada, xa que os avogados solicitan que se leve a cabo con todos os procesados.

A Fiscalía pide penas que suman 35 anos de cárcere para 12 acusados de participar nunha liorta no mercado de Cangas, entre os que están Sinaí Giménez e varios dos seus familiares, así como membros do grupo coñecido como ‘zamoranos’, e que serán xulgados na sala do Penal 2 de Pontevedra, entre o 1 e o 5 de xullo.

O Ministerio Público formulou escrito de acusación contra 12 feirantes xitanos (sete deles do grupo coñecido como ‘zamoranos’, e outros cinco dos ‘ Morones’), aos que considera autores de diversos delitos de lesións, por unha pelexa que tivo lugar na mañá do 16 de outubro de 2015.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here