InicioSociedadeO Sergas destina 345.000 euros á adquisición de novo equipamento para centros...

O Sergas destina 345.000 euros á adquisición de novo equipamento para centros da área sanitaria de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destinará 344.850 euros á adquisición de novo material de diagnóstico para as consultas de centros de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo.

A licitación publicouse no perfil do contratante, segundo recolleu nun comunicado a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo.

En concreto, adquiriranse 60 unidades ‘holter’ para medir a presión arterial, 50 espirómetros, que permitirán analizar a capacidade pulmonar, e seis retinógrafos co obxectivo de capturar imaxes da retina sen realizar unha dilatación da pupila.

Esta medida englóbase no Plan Galego da Atención Primaria 2019-2021, que foi aprobado en maio. Deste xeito, búscase prestar unha cobertura sanitaria adecuada a través da renovación do material diagnóstico das consultas e da dotación do equipamento necesario.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...