InicioSociedadeAberto o prazo para instalarse nos espazos CTBio-Lab de Nigrán, que serán...

Aberto o prazo para instalarse nos espazos CTBio-Lab de Nigrán, que serán gratuítos

Este proxecto busca facilitar espazos de oficinas, laboratorios polivalentes con equipamentos básicos e salas de traballo a beneficiarios de Galicia e o Norte de Portugal.

PUBLICADO O

A Zona Franca abriu o prazo para instalarse nos laboratorios dos espazos CTBio-Lab cos que conta no Polígono de Porto do Molle, en Nigrán, e cuxa utilización será gratuíta para as empresas ou proxectos biotecnolóxicos seleccionados.

Segundo trasladou esta entidade nun comunicado, a solicitude para a concesión de espazos poderán realizarse a través da páxina web do proxecto favorecido pola Unión Europea (UE) CTBIO. O prazo permanecerá aberto ata completar o número total de beneficiarios.

En concreto, o proxecto CTBio-LAB, cofinanciado co Fondo Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder), busca facilitar espazos de oficinas, laboratorios polivalentes con equipamentos básicos e salas de traballo a beneficiarios de Galicia e o Norte de Portugal.

As compañías ou proxectos biotecnolóxicos que se instalen nos laboratorios só deberán custear os seus materiais e consumibles e, ademais, disporán de servizos de apoio para a dirección e xestión de empresas xa constituídas.

Aos beneficiarios tamén se lles ofrecerán asesoramento e ‘coaching’ particular, formación en mercadotecnia e comunicación e información relativa á internacionalización e a novos modelos de negocio.

Esta iniciativa conta coa participación do Consorcio Zona Franca de Vigo, Bioga, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade do Minho, a Asociación Portuguesa de Bioindustrias e o International Iberian Nanotechnology Laboratory.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...