InicioSociedadeMensaxe nunha igrexa da Ramallosa contra os móbiles: "Se queres ver a...

Mensaxe nunha igrexa da Ramallosa contra os móbiles: “Se queres ver a Deus, mándalle un Whatsapp mentres conduces”

PUBLICADO O

O uso obsesivo dos teléfonos móbiles está alterando a convivencia das persoas en distintos eidos da nosa vida: desde o fogar, até o traballo, os centros educativos, as reunións de amigos… e as misas.

Na Ramallosa (Nigrán), o crego debe estar farto de que os móbiles perturben os oficios e a paz do lugar. Por iso, apareceu este aviso, cheo de sorna e humor, para os fregueses e curiosos:

“Ao entrares nesta Igrexa, é posíbel que escoites a ‘chamada de Deus’, pero non é nada probábel que te chame hoxe ao móbil. Grazas por apagar o teu teléfono. Se queres falar con Deus, entra, escolle un lugar tranquilo e fala con El. Se queres ver a Deus, mándalle un Whatsapp mentres conduces”.

O cartel foi compartido en Twitter pola conta A Boa Celeste© (@Dijochoeu).

A autoría atribúeselle a Xosé Manuel Lence, crego de San Pedro da Ramallosa. Un cura peculiar que non só aposta pola lingua galega, senón que tamén por métodos innovadores na Igrexa: “Xa teño escoitado deste párroco. Mandalles pdfs por wassap aos feligreses con información de importancia (horarios de misas, enterros, etc) ollo”, contestou no fío de Twitter o usuario @PablitoH.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...