InicioVigo e contornaRedondelaRedondela despídese nun funeral multitudinario dos tres novos falecidos na AP-9

Redondela despídese nun funeral multitudinario dos tres novos falecidos na AP-9

PUBLICADO O

- Advertisement -

Moitos veciños de Redondela (Pontevedra) acompañaron os familiares dos tres novos falecidos esta semana nun accidente ocorrido na AP-9, en Vigo, nun funeral multitudinario.

Ás 18,00 horas comezou o oficio relixioso na igrexa de Santiago do municipio pontevedrés, onde a xefa de estudos do instituto no que estudaban os mozos (IES Mendiño), Almudena Suárez, lembrou a “alegría da faladora e deportista” Sofía, como Bieito “sempre chegaba tarde” e á moza Sara.

Ante unha igrexa que non foi suficiente para acoller aos coñecidos, familiares, amigos e autoridades que quixeron dicirlles o último adeus, a tamén docente de Relixión Católica eloxiou os tres adolescentes, que os asistentes puideron “coñecer e querer”. Ademais, desexou que “nunca” se esquezan o seu “sorriso” e as súas “ganas de vivir”.

O funeral foi oficiado polo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, que compartiu a “dor” dos familiares do tres novos e chamou a apoiar aos seus seres queridos neses “difíciles” momentos.

O accidente, ocorrido na parroquia viguesa de Teis, saldouse co falecemento de Sara C. e Bieito L., que foron enterrados nos cemiterios de Figueirido e Mañó, así como co de Sofía P., que foi incinerada en Tanamañó.

Ademais, o suceso deixou dous feridos, o condutor, M.M.V., que permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, e o copiloto, ao que lle deron o alta este venres.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntou a un exceso de velocidade como posible causa da saída da vía do automóbil, que envorcou tras impactar contra un alicerce e un gardarraíl. Os resultados de consumo de alcol e drogas foron negativos.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...