InicioSociedadeDemandan un incremento de profesionais en residencias galegas ante a "sobrecarga de...

Demandan un incremento de profesionais en residencias galegas ante a “sobrecarga de traballo”

A asociación Vellez Digna pide que haxe 4,5 auxiliares por cada dez persoas dependentes.

PUBLICADO O

A Asociación Vellez Digna demandou un incremento de profesionais para distintas residencias galegas ante a “sobrecarga de traballo” á que se enfrontan e denunciou que “non se lles conceden todos os descansos que lles corresponden por convenio”.

Nun comunicado, referiuse a a residencia Ballesol de Poio (Pontevedra), de carácter privado, e aos establecementos cos que conta o grupo Domusvi en Ribadumia (Pontevedra), Viveiro (Lugo) e Aldán, en Cangas (Pontevedra). Así, aseguraron que os traballadores da residencia de Aldán traballan dez días consecutivos e non poden percibir os descansos que lles corresponden.

A asociación advertiu de que, ante estas condicións laborais, non é sinxelo atopar persoal cualificado que acepte traballar nesas residencias. Ademais, denunciou que as empresas que as xestionan non cobren as ausencias puntuais dos traballadores.

Ante a sobrecarga de traballo, demandaron que se conte con 4,5 auxiliares por cada dez persoas dependentes e con tres por cada dez usuarios autónomos. Así mesmo, insistiron na necesidade dun traballador social por cada 100 residentes e dun enfermeiro por cada 20.

Tamén esixiu un terapeuta ocupacional por cada 40 persoas e que a proporción de médicos, fisioterapeutas e terapeutas psicólogos e pedagogos sexa dun por cada 50 usuarios.

ATENCIÓN DURANTE O FIN DE SEMANA

A maiores, Vellez Digna demandou o mantemento destes cocientes durante o fin de semana para os enfermeiros, terapeutas ocupacionais, auxiliares e médicos.

En canto ás quendas nocturnas, a asociación recalcou que é preciso contar con 1,2 auxiliares por cada 10 usuarios, 0,8 por cada 10 persoas independentes, un enfermeiro cada 30 residentes e un médico por cada 150.

Adicionalmente, avogou por que sexa obrigatoria a prestación de servizos de Logopedia, Podoloxía e Oftalmoloxía nas residencias, así como contar cunha unidade Socio-Xeriátrica.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...