InicioVigo e contornaRedondelaO ministro Méndez de Vigo sobre a Festa do Choco de Redondela:...

O ministro Méndez de Vigo sobre a Festa do Choco de Redondela: “Uno no se la puede perder”

PUBLICADO O

A Redondela e a súa gran Festa do Choco saíulle este ano un gran embaixador, o ministro de Cultura e portavoz do Goberno español, Íñigo Méndez de Vigo, que destacou a importancia deste evento gastronómico na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Yo no la conozo, pero me dijo un pajarito gallego que uno no se la puede perder“, dixo o ministro botando unha pequena gargallada cómplice cos medios de comunicación. Foi unha das súas recomendacións, xunto con outras,  como o espectáculo “Bailadora” de Sara Baras; Rock familiar en Zamora, Geolodía ou os eventos deportivos da fin de semana.

A Festa do Choco, declarada de Interese Turístico de Galicia, arrincou este venres e, durante toda a fin de semana encherá Redondela de numerosas actividades gastronómicas, culturais e musicais. O obxectivo do concello este ano é superar as 30.000 persoas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...