InicioSociedadeUnha primavera a máis de 30 graos

Unha primavera a máis de 30 graos

PUBLICADO O

A onda de calor africana que afectou este luns a Galicia deixou temperaturas por enriba dos 30 graos en localidades das catro provincias e alcanzou o seu máximo na cidade de Ourense, onde os termómetros subiron ata os 34,7 graos.

Na provincia de Pontevedra, as temperaturas máis altas concentráronse no sur, bordeando a ‘raia’ con Portugal, con cifras de ata 32,7 graos en Tui e 32,5 graos en Arbo ou, máis ao norte, Mondariz. En Vigo, as altas temperaturas deixaron estampas propias do verán, con centos de persoas nas praias.

A provincia máis afectada polas altas temperaturas foi Ourense, onde, ademais da capital provincial, os termómetros alcanzaron cifras de 34,3 graos en Arnoia, 33,9 en Leiro ou 33,5 en Vilamartín de Valdeorras.

En Lugo, a zona máis cálida foi o sur, onde o  mercurio elevouse ata 32,1 graos en Ribas de Sil ou Pantón, e ata 32 graos en Monforte.

Finalmente, na Coruña os termómetros non subiron de forma tan acusada. Con todo, ser alcanzaron cifras de 32 graos en Rois, 31,8 en Vedra, 31,5 en Boqueixón e algo máis de 31 graos en Boiro.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...