InicioSociedadeUn trasatlántico de máis de 4.300 pasaxeiros entra en Vigo para protexerse...

Un trasatlántico de máis de 4.300 pasaxeiros entra en Vigo para protexerse do temporal

PUBLICADO O

O MSC Preziosa, un trasatlántico operado por MSC Cruceros, tivo que abrigarse este mércores en Vigo para protexerse do temporal de vento no mar.

Este barco, de 333 metros de longo e con capacidade para máis de 4.300 pasaxeiros, inclúe unha praza italiana de pedra e detalles espectaculares como as magníficas escaleiras con cristais de Swarovski e a asombrosa piscina «infinity».

Ten, ademais, suites exclusivas, servizo de mordomo as 24 horas do día, instalacións especializadas e cubertas privadas con acceso exclusivo a todas as instalacións públicas, incluíndo o casino e o teatro Broadway.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...