InicioSociedadeCales son os apoios que teñen as auxiliares de enfermaría do Cunqueiro?

Cales son os apoios que teñen as auxiliares de enfermaría do Cunqueiro?

PUBLICADO O

En Marea, BNG e a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública saíron nas últimas horas en defensa das reivindicacións do colectivo de auxiliares de enfermaría do Hospital Álvaro Cunqueiro no conflito que manteñen coa dirección.

Así, a deputada Eva Solla reuniuse coa comisión de centro para abordar esta problemática e reclamou que a empresa concesionaria “poña os medios de traballo para acabar coa sobrecarga de traballo que o persoal auxiliar de enfermaría está a sufrir”, así como que o Sergas retire os expedientes aos traballadores.

Neste marco, o grupo parlamentario de En Marea tamén avanzou que trasladará iniciativas ao pleno e á Comisión do Parlamento de Galicia “para tentar solucionar este novo atropelo, froito da privatización que a Xunta cometeu neste hospital”. “É un roubo máis á cidadanía, ter a profesionais sanitarios facendo un traballo que debería facer a empresa privada”, apostilou.

Pola súa banda, a responsable de sanidade do grupo parlamentario do BNG, Montse Prado, trasladou o apoio do Bloque durante a protesta deste xoves e remarcou que xa advertiu que “este chamado modelo público-privado, que non é máis que a privatización, ía ter consecuencias” como esta.

Así, criticou que o PP “deixou en mans da concesionaria moitos servizos, entre eles a limpeza e a lavandaría”, e agora, “lonxe de esixirlle ás que empresas, esixe ao seu persoal, xa sobrecargado e con cocientes insuficientes, a asunción desas funcións”.

Así mesmo, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considerou “inaceptable que a empresa concesionaria obrigue a persoal do Sergas a realizar unha actividade que debería realizar cos seus propios recursos”, e mantivo que é “incomprensible e escandaloso que a Xerencia se poña de parte da empresa privada e ameace aos seus propios traballadores”.

Neste contexto, volveu a reclamar que se devolva a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro ao sistema sanitario público “para evitar estes problemas e enfrontamentos, que se suman aos recortes de recursos e ao aparcadoiro”.

Tamén hai uns días o alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que tome decisións” sobre a situación de “catástrofe” do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), e considerou que os auxiliares de enfermaría “fan ben” en non transportar as bolsas da roupa sucia até os puntos habilitados.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...