InicioSociedadeUnha funeraria trabúcase de cadáver e incinera por erro un cidadán portugués...

Unha funeraria trabúcase de cadáver e incinera por erro un cidadán portugués en Vigo

Un erro por parte dunha compañía funeraria á hora de recoller un cadáver levou á incineración equivocada do corpo dun cidadán portugués en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un erro por parte dunha compañía funeraria á hora de recoller un cadáver levou á incineración equivocada do corpo dun cidadán portugués en Vigo.

O xulgado de Tui ordenara a autopsia dun mozo, J. M. B. C, que falecera supostamente durante un accidente mentres estaba a cortar árbores, segundo indican fontes policiais.

O corpo atopábase no centro Nicolás Pena á espera de ser recollido polos seus familiares para poder celebrar o funeral. Cando a familia acudiu a buscar o cadáver atopáronse con que o corpo non estaba alí, polo que solicitaron á presenza dunha patrulla da Policía Nacional.

Segundo comprobaron os axentes desprazados, o corpo do mozo puido ser enviado por erro a unha empresa funeraria de Vigo para a súa incineración.

A Xunta, pola súa banda, aclarou que o Imelga non cometeu ningún erro na identificación dos cadáveres, senón que a empresa funeraria non comprobou correctamente o corpo que acudiu a recoller, de J.A.A. e que se atopaba no Vigo Memorial, non no Nicolás Pena.

Ante esta situación, o Goberno galego lamentou o sucedido e trasladou o seu pesar ás familias afectadas, e avanzou que xa trasladou a explicación do sucedido ao xulgado de Tui.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...