Vídeos e Fotos: “Xustiza para Déborah Fernández”

Participantes nahomenaxe de Déborah Fernández en Vigo / Miguel Núñez

Vigo volveu lembrar a moza Déborah Fernández, desaparecida hai 17 anos e que foi atopada dez días despois sen que, ata o momento, se atopara ao responsable da súa morte. Case un milleiro de persoas participaron este martes nunha emotiva homenaxe que tivo lugar na Porta do Sol e no que o elemento máis importante foron ramos de margaridas brancas.

As flores querían simbolizar aos 12.000 desaparecidos, como Déborah, que existen en tda España. Rosa Neira, nai da moza, moi emocionada, suliñou que a súa filla non chegara a facer os 22 anos. Pediu maiores medios policiais e lamentou que non se teña resolto este caso. “Só pido xustiza e saber a verdade”, insistiu.

Na homenaxe tamén participou unha irmá de Déborah, tres amigas da falecida que leron a mesma carta que lle dirixiron no seu funeral hai 17 anos, artistas como Patricia Moon ou Daniela Dicostas ou a filla de Carmen Druckenberg, que leu un poema. Tamén estaban presentes un caderno cunha lista das súas cancións preferidas, entre elas dos Piratas, obxectos que estaban no seu cuarto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here