InicioSociedadePiden 5 anos de prisión para un avogado que se apropiou de...

Piden 5 anos de prisión para un avogado que se apropiou de 60.000 euros dunha clienta en Vigo

PUBLICADO O

A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para o avogado C.D.O., ao que acusa de apropiarse de 60.000 euros dunha clienta, e que será xulgado o mércores na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, este avogado retirou 60.000 euros dunha conta da súa clienta, coa autorización desta, para negociar e pagar un préstamo hipotecario vencido. Pero o acusado non destinou o diñeiro ao fin que lle encomendaron, e tampouco llo devolveu á súa lexítima dona.

Por estes feitos, a Fiscalía acúsao dun delito de apropiación indebida e pide para el 5 anos de cárcere, ademais de 5 anos de inhabilitación para o exercicio da avogacía. Reclama tamén que pague unha multa de 4.500 euros e que indemnice á prexudicada en 60.000 euros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...