InicioVigo e contornaRedondelaForenses descartan "enfermidade mental" no asasino de Arealonga, pero si "personalidade antisocial"

Forenses descartan “enfermidade mental” no asasino de Arealonga, pero si “personalidade antisocial”

Din que o asasino non presentaba síntomas de intoxicación por ningunha sustancia, nin tampouco signos de estar a sufrir síndrome de abstinencia.

PUBLICADO O

Os médicos forenses que examinaron ao acusado de asasinar a un mozo dun disparo na praia de Arealonga, en Redondela (Pontevedra), na noite de San Xoan de 2017, concluíron que José Luís L.P. ten unha personalidade “antisocial”, pero ningún trastorno ou patoloxía psiquiátrica que afecte á súa capacidade de discernir ou de controlar os seus impulsos.

Así o determinaron estes peritos, que prestaron declaración este mércores na Sección Quinta da Audiencia de Pontevedra (con sede en Vigo), no xuízo que se segue –con tribunal de xurado– contra José Luís L.P., a quen a Fiscalía atribúe un delito de asasinato, outro de tenencia ilícita de armas, unha tentativa de asasinato e unha tentativa de homicidio, e para quen pide penas que suman 42 anos de cárcere.

Tanto o médico que o examinou ás poucas horas da súa detención, como as doutoras que se entrevistaron con el meses despois, determinaron que o acusado “non ten unha enfermidade mental”, aínda que presenta trazos antisociais derivados da súa propia experiencia vital (consumo de drogas, antecedentes penais e varias estancias en prisión,…). “Iso é algo reactivo, non é unha enfermidade, é a súa forma de ser”, apuntaron estes peritos, que lembraron que esta personalidade caracteriza a unha persoa “fría, sen empatía, que non respecta as normas e á que non lle importa a repercusión dos seus actos”.

Con respecto ao momento dos feitos, estes profesionais coincidiron en sinalar que José Luís non presentaba síntomas de intoxicación por ningunha sustancia, nin tampouco signos de estar a sufrir síndrome de abstinencia. De feito, as análises de ouriños determinaron que non consumira drogas nin o día dos feitos nin os días previos.

Así mesmo, unha profesional da unidade Cedro (de tratamento e atención a drogodependentes), do que era usuario o acusado, confirmou que as análises de ouriños que se lle facían periodicamente evidencian que non hai restos de cocaína nin de opiáceos como a heroína desde abril de 2016 ata o 20 de xuño de 2017, tres días antes do suposto asasinato.

FERIDA “MORTAL DE NECESIDADE”

Por outra banda, na sesión deste mércores, tamén prestou declaración o médico forense que acudiu ao levantamento do cadáver de Daniel B.P., e que, posteriormente, encargouse da autopsia.

Segundo relatou, a vítima recibiu un disparo “de socato” que lle entrou polo lado esquerdo do peito e atravesoulle o corazón e os pulmóns, antes de saír do corpo por baixo da escápula dereita. “A distancia do disparo era cero. Causou unha ferida mortal de necesidade, porque lesionou un centro vital e deriva inevitablemente na morte”, aseverou o facultativo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...