InicioSociedadeO centro de saúde de Bueu recuperará este martes o segundo pediatra

O centro de saúde de Bueu recuperará este martes o segundo pediatra

A xerencia sanitaria xustifica que a tardanza na cobertura desta praza se debía á "indispoñibilidade de efectivos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerencia sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporará este martes, 26 de marzo, un profesional de Pediatría que se fará cargo da atención sanitaria infantil ordinaria no centro de saúde de Bueu, xunto co que xa prestaba este servizo na localidade.

Segundo informou a xerencia pontevedresa, esta incorporación “permite recuperar a situación previa á existente en Bueu antes da resolución do concurso aberto e permanente do Sergas do pasado mes de outubro”. Respecto diso, o Sergas explicou que, aínda que a EOXI de Pontevedra e O Salnés “dispón permanentemente de dúas prazas de Pediatría de Atención Primaria asignadas no centro de saúde de Bueu”, a atención sanitaria infantil prestábase “provisionalmente desde o pasado mes de outubro de 2018 por só un pediatra nesta localidade”.

Neste sentido, a xerencia sanitaria da zona lembra que nesta especialidade “hai paro cero”, de modo que “non se dispón de pediatras nas listas de contratación, do mesmo xeito que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas”. “Esta indispoñibilidade de efectivos para incorporar ao sistema sanitario público foi a que dificultou ata o de agora a cobertura da segunda praza de Pediatría de Atención Primaria do centro de saúde de Bueu”, concluíu.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...