InicioSociedadeO Sergas explica que non se podía cubrir a praza de pediatra...

O Sergas explica que non se podía cubrir a praza de pediatra en Bueu porque “hai paro cero”

O centro de saúde de Bueu recuperará o martes o segundo pediatra para atención infantil ordinaria.

PUBLICADO O

A xerencia sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorporará o vindeiro martes 26 de marzo un profesional de Pediatría que se fará cargo da atención sanitaria infantil ordinaria no centro de saúde de Bueu xunto co que xa prestaba este servizo na localidade.

Segundo informou a xerencia pontevedresa, esta incorporación “permite recuperar a situación previa á existente en Bueu antes da resolución do concurso aberto e permanente do Sergas do pasado mes de outubro”.

Respecto diso da situación, o Sergas explicou que, aínda que a EOXI de Pontevedra e O Salnés “dispoñen permanentemente de dúas prazas de Pediatría de Atención Primaria asignadas no centro de saúde de Bueu”, a atención sanitaria infantil prestábase “provisionalmente desde o pasado mes de outubro de 2018 por só un pediatra nesta localidade”.

Neste sentido, a xerencia sanitaria da zona lembra que nesta especialidade “hai paro cero”, de modo que “non se dispón de pediatras nas listas de contratación, do mesmo xeito que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras comunidades autónomas”.

“Esta indispoñibilidade de efectivos para incorporar ao sistema sanitario público foi a que dificultou ata o de agora a cobertura da segunda praza de Pediatría de Atención Primaria do centro de saúde de Bueu”, concluíu.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...