InicioSociedadeO Concello desconfía da Xunta sobre a tramitación de proxectos de varias...

O Concello desconfía da Xunta sobre a tramitación de proxectos de varias zonas da ETEA

Caballero critica a Xunta por "non facer nada" nos últimos once anos e propón certas modificacións nos plans presentados

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que a tramitación, por parte da Xunta, dos proxectos sectoriais PS1 e PS6 dos terreos da ETEA (áreas de viarias, espazos libres e usos complementarios) é “máis burocrática que real”, despois de “11 anos sen facer nada”.

Nunha rolda de prensa, o alcalde olívico explicou que o Concello presentou as súas consideracións no trámite de consultas previas na elaboración deses proxectos sectoriais. “O que nos sorprende é que o convenio sobre a ETEA é de 2008, e nos últimos 11 anos a Xunta non fixo nada. Agora inicia unha tramitación que é máis burocrática que real”, sentenciou Abel Caballero.

Con respecto á proposta do goberno galego, o Concello fixo varias observacións. Así, proponse que se conserven parte dos materiais dos viarios que a Xunta suxire eliminar ou que se xustifique a demolición dalgunhas edificacións. Así mesmo, segundo apuntou o rexedor, a Xunta propón un aparcadoiro en superficie, cando o plan sectorial inicial planeaba un aparcadoiro subterráneo.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...