Que pasa coa central de esterilización do Sergas na Área Sanitaria de Vigo?

CIG-Saúde esixe responsabilidades as e os Xestores da Sanidade Pública polo que está a suceder nos hospitais do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro.

Hospital Álvaro Cunqueiro / Sergas

A falta de central de esterilización no Hospital Álvaro Cunqueiro está a provocar moitos problemas na Área Sanitaria de Vigo. Unha situación que, segundo os sindicatos, ten que ver coa decisión da Xunta de instalar a central de esterilización no hospital de Meixoeiro. A situación aínda está lonxe de estar solucionada, pois o diagnóstico non está rematado, e o tratamento é so paliativo.

Así, segundo apunta CIG-Saúde estanse realizando iintervencións de baixa complexidade, a maioría no Meixoeiro, pero tamén no Cunqueiro, para que pareza que se normalizou a actividade, pero continúan sen realizarse intervencións complexas que requiren 10 veces máis material que as outras e que seguen a encher a lista de agarda. “E o traballo que se está a facer recae nun sobreesforzo importante do persoal de esterilización, en tódolos seus ámbitos, que ten demostrado que coa súa profesionalidade permitiu paliar os efectos desta crise”, engade.

Nun comunicado, esta central sindical esixe do SERGAS a máxima transparencia co acontecido. Que faga públicas as datas onde se comezaron a comunicar os problemas de po nas caixas cirúrxicas e as medidas correctoras que se tomaron. Tamén pide que se faga público o número das intervencións atrasadas e o plan da Xerencia para organizar a actividade cirúrxica que permita a súa realización.

SITUACIÓN

E por que se chegou a esta situación?. O 2 de xaneiro de 2014, no Diario Oficial da UE, a Consellería de Sanidade fixo o anuncio da licitación dun contrato para xestionar a esterilización e a provisión do material cirúrxico para o ámbito do SERGAS por un valor de 132 millóns de euros, máis IVE.

O Sergas decidiu sacar do Hospital Álvaro Cunqueiro a central de esterilización e poñela no do Meixoeiro, para o que foi preciso realizar obras importantes que atrasaron a súa posta en marcha. “A única razón que xustifica esta medida é que tiveran previsto privatizala no marco da licitación anunciada no DOUE o 2 de xaneiro de 2014”, din desde CIG-Saúde.

Desde entón, hai transportes continuos de material desde o Meixoeiro ao Cunqueiro. Isto levou a aumentar as temperaturas no limite alto do rango dos equipos e concentracións elevadas dos diferentes produtos químicos empregados.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here