Vídeo: As máis novas toman a cidade de Vigo durante as mobilizacións do Día da Muller

As mulleres saen á rúa indignadas trala sentenza á "Manada" / Miguel Núñez

Centos de persoas, sobre todo, estudantes participaron xa en diversas mobilizacións na cidade de Vigo no Día Internacional da Muller á espera da celebración da gran manifestación das 20.00 horas que sairá da Praza dos cabalos.

O alcalde, Abel Caballero, asegurou que “sen ningunha dúbida” acudirá “a todas” as mobilizacións que se convoquen, á vez que fixo un chamamento a que “toda a cidade” participen nas mesmas. Fontes do Consistorio olívico indican que as mulleres da administración local están este venres de folga.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here