Investigan a unha muller como presunta autora dun incendio forestal en Ponteareas

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo tomaron declaración como investigada a unha muller como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o pasado 27 de febreiro na parroquia de Santiago de Oliveira de Ponteareas (Pontevedra).

Un membro do BRIF no incendio de Mondariz / BRIF

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo tomaron declaración como investigada a unha muller como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o pasado 27 de febreiro na parroquia de Santiago de Oliveira de Ponteareas.

Deste xeito, segundo informa a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, se puido esclarecer o incendio que afectou a un terreo forestal arboledo de 0,15 hectáreas e que se orixinou pola queima de restos forestais realizada sen levar a cabo as debidas medidas de precaución.

As dilixencias xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ponteareas. No que vai de ano, un total de 12 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios.