InicioSociedadeAs mulleres tamén se preparan para a defensa persoal en Arbo

As mulleres tamén se preparan para a defensa persoal en Arbo

PUBLICADO O

O auditorio multiusos de Arbo acollerá unha charla sobre defensa persoal feminina este sábado ás 19,00 horas. Esta actividade aspira a ofrecer ás mulleres a preparación física e mental necesarias para saber como enfrontarse a distintas situacións, segundo precisou o municipio pontevedrés nun comunicado.

Deste xeito, a través dunha “visión que abarca os espazos físicos, emocionais e psicolóxicos”, informa o Consistorio, tamén se busca crear unha rede de unión entre as participantes neste proxecto.

A organización do curso, que estará impartido polo adestrador de defensa persoal feminina Juan José Martínez, conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...