InicioSucesosA Fiscalía pide 66 anos de cárcere para o líder dos 'Miguelianos'

A Fiscalía pide 66 anos de cárcere para o líder dos ‘Miguelianos’

PUBLICADO O

O fiscal da causa coñecida como dos ‘Miguelianos’ pide unha pena total de 66 anos de prisión para o líder da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel por 21 delitos. Serían un de asociación ilícita, 12 contra a integridade moral, cinco de coaccións, e delitos contra a liberdade sexual (un de agresión sexual continuado e dous de abuso sexual continuado).

Así consta no escrito, no que se mantén que Miguel Rosendo fundou a asociación “co ánimo de dominar e manipular aos seus membros para sometelos á súa vontade, polo uso de violencia ou intimidación mediante técnicas de adoctrinamiento baseadas na persuasión coercitiva, baixo a escusa da relixión que profesaban, e así satisfacer tanto os seus desexos sexuais como executar actos de beneficio persoal ou lucrativo”.

Para iso, o fiscal entende que contou coa colaboración de Ivana Lima, superiora das consagradas; Iria Quiñones, consagrada; Esteban R. M., pai xeral dos consagrados e persona de confianza do líder; José Carlos A.M.; Belén E.F., vogal da xunta directiva; e Dores E.L., fiscal da orde. Para cada un deles pide dous anos de prisión por asociación ilícita.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...