InicioSociedadePiden que os mozos de 16 e 17 anos poidan sacarse xa...

Piden que os mozos de 16 e 17 anos poidan sacarse xa o carnet se xustifican desprazamentos por estudos ou traballo

Este cambio vería motivado polo espallamento no rural galego.

PUBLICADO O

O partido galeguista Compromiso por Galicia vén mantendo xuntanzas con colectivos e organizacións “para coñecer de primeira man as necesidades do País”, aseguran. “Nese marco e partillando da necesidade co gremio das autoescolas enmarcamos esta proposta: Reclamar as competencias en materia de tráfico e de formación vial, e regular en Galicia unha modalidade de permiso de conducir ós 16 anos”, subliñan.

“Con particularidades, que sexa vinculado a unha oferta de traballo, a unha necesidade de formación e tamén a un itinerario profesional formativo que pode servir o sector da autoescola como complemento de negocio na calidade de orientador laboral”, destaca o partido.

Fundaméntase esta proposta “na realidade de que moitos mozos e mozas de Galicia teñen que facer moito desprazamento para a súa actividade laboral ou formativa, e a resposta da Xunta na relación a transporte soamente é válida nas zonas das cidades. Esta é unha realidade propia de Galicia por iso é importante reclamar esta competencia e despois dende a Xunta reflectir esta necesidade que ademais fará a Galicia máis competitiva”.

“En Alemaña e Francia xa é posible, polo que entendemos que en Galicia coa nosa necesidade e particularidade é xustificado esta variación”, concluíron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...