InicioSociedadeInvestigan as causas dos múltiples cortes da electricidade que están a rexistrar...

Investigan as causas dos múltiples cortes da electricidade que están a rexistrar Tomiño, O Rosal e Oia

A distribuidora de electricidade do grupo Naturgy, UFD, analizará as causas dos cortes que afectan os municipios de Tomiño, O Rosal e Oia, na provincia de Pontevedra, para tratar de atopar unha solución ao problema.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A distribuidora de electricidade do grupo Naturgy, UFD, analizará as causas dos cortes que afectan os municipios de Tomiño, O Rosal e Oia, na provincia de Pontevedra, para tratar de atopar unha solución ao problema.

O delegado na provincia de Pontevedra de UFD –antiga Unión Fenosa Distribución–, Francisco Ramos, mantivo unha reunión co xefe territorial da Consellería de Industria, Ignacio Rial, e as alcaldesas do Rosal e Oia, para abordar o tema dos “microcortes” que están a afectar ás tres localidades nas últimas semanas.

UFD deu traslado á Xunta e aos concellos afectados de que procederá a unha análise exhaustiva das liñas e centros de transformación da zona para determinar os motivos que causan estas incidencias eléctricas, que a empresa asegura que son “de curta duración”, co obxectivo de dar unha solución “canto antes”.

Os equipos de inspección de UFD están “a percorrer os case 60 quilómetros de liñas eléctricas aéreas que dan subministración a estes municipios para pescudar as causas dos microcortes, localizar e corrixir os posibles defectos” e “solucionalo o máis axiña posible”.

A eléctrica explica que as incidencias na subministración, como os “microcortes”, “son situacións imprevistas e involuntarias” e que polo seu carácter non permanente son “difíciles de localizar”.

“Hai ocasións nas que a pesar dos traballos de mantemento, investimentos e melloras que se realizan na rede, resulta inevitable que estas ocorran por causas moi diversas (aves, cascas de eucalipto, defectos de illamento, instalacións de terceiros, etc.), expón Naturgy no seu comunicado.

UFD é o maior distribuidor de electricidade de Galicia. Dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de case 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.

A distribuidora eléctrica pon de relevo que investiu preto de 390 millóns de euros en Galicia, no cuadrienio 2015-2018, para reforzar a rede e mellorar a calidade de subministración.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...