O IFEVI rende este domingo unha homenaxe ás rondallas, gran tradición musical na comarca de Vigo

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá o domingo o II Concurso de Rondallas, no que este ano participarán 14 agrupacións de varios municipios da comarca, segundo explicou este mércores o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación do evento.

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá este domingo o II Concurso de Rondallas, no que este ano participarán 14 agrupacións de varios municipios da comarca, segundo explicou este mércores o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación do evento.

Román Rodríguez avanzou que se prevé a asistencia dunhas 7.000 persoas e destacou a importancia do concurso para fomentar a tradición das rondallas. A ese respecto, fixo un chamamento á cidadanía para que acuda ao recinto feiral ao concurso, cuxa entrada terá un prezo de 2 euros.

O conselleiro de Cultura recordou que as rondallas “forman parte dunha tradición moi valiosa e acollen as inquietudes musicais de moitas persoas, especialmente na comarca de Vigo”. Así, estas agrupacións teñen a súa orixe nos coñecidos como ‘ranchos de reis’, grupos de veciños que se reunían o 6 de xaneiro para ir polas casas a pedir o aguinaldo.

Na edición deste ano participarán rondallas de Gondomar, Nigrán, Vigo, Mos e O Porriño e, entre elas, premiarase ás tres mellores. Ademais, nesta ocasión tamén haberá premio para os tres mellores ‘abanderados’.