Unha queima de restos forestais “neglixente” causou un incendio en Gondomar o 3 de xaneiro

fume lume incendios
Un paisano camiña cara o incendio do monte rodeado por un fume denso/ Miguel Nuñez

A Xefatura da Policía Autonómica de Vigo concluíu que unha queima “neglixente” foi a causa dun incendio que se produciu o pasado día 3 de xaneiro en Candosa, parroquia de Vincios, no municipio de Gondomar (Pontevedra), segundo informou a Consellería de Presidencia este mércores.

A Policía Autonómica investiga a unha persoa por este incendio, que afectou a unha superficie de 0,65 hectáreas de terreo forestal arboledo, como autor da queima “de forma neglixente” de “restos forestais”, indicou a Xunta nun comunicado de prensa.

Por estes feitos, a Policía instruíu as dilixencias xudiciais correspondentes e remitiunas ao Xulgado de Instrución número 8 de Vigo.