InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo acusa ás empresas instaladas...

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo acusa ás empresas instaladas no Porto de verter residuos ao mar

PUBLICADO O

A Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo ‘Cíes’ presentou unha serie de alegacións ao plan estratéxico que elabora a Autoridade Portuaria de Vigo para dirixir as súas actuacións durante os próximos dez anos.

Entre as súas reclamacións destaca a conexión por vía férrea entre a plataforma de Bouzas e a do Berbés “mediante unha ponte levadiza” e un maior control das verteduras contaminantes á ría.

Neste sentido, este colectivo solicita ao Porto que estableza un “rigoroso control sobre as industrias” instaladas na súa plataforma para que “cumpran coa legalidade vixente en materia de contaminación e dispoñan dos medios e instalacións obrigatorios para a depuración e tratamento dos residuos contaminantes”.

De feito, nas súas alegacións propoñen que se traslade” a “polígonos periféricos próximos” ás empresas localizadas no bordo marítimo cando non sexa necesaria esta localización para a actividade que realizan.

“ANÁRQUICO E IRRESPETUOSO”

A asociación critica que o desenvolvemento do Porto de Vigo levouse a cabo dun modo “anárquico e irrespetuoso” co Medio Ambiente e cos ecosistemas da ría.

Como exemplo disto, sostén o colectivo, “están os índices de contaminación por metais pesados” nas zonas próximas ás instalacións do propio Porto, aos terreos “roubados ao mar”.

Así mesmo, a plataforma denuncia que a “plataforma portuaria” verte residuos “directamente ao mar” cando chove. “Unha realidade que temos que afontar sen máis dilación para porlle remedio”, aseveran no seu escrito de alegacións.

Outra das alegacións ao plan estratéxico do Porto de Vigo 2018-2028 supón a elaboración dun “documento con base científica” sobre “o estado actual das zonas de produtividade marisqueira e pesqueira degradadas” que contemple as posibles solucións e unha programación no tempo para a “recuperación” e “sustentabilidade” das mesmas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...