InicioPolíticaMarea de Vigo acusa ao Concello de non fiscalizar a Dornier, concesionaria...

Marea de Vigo acusa ao Concello de non fiscalizar a Dornier, concesionaria que provocou unha folga de catro meses

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo expresou este venres as súas dúbidas achega do expediente aberto polo goberno municipal á concesionaria da ‘zona azul’, Dornier, e cuestionou que dito expediente siga o seu curso, como sostén o goberno local, á vez que confirmou que mantén a súa denuncia contra a mesa de contratación pola adxudicación deste contrato, na que “hai moito que esconder”.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, advertiu de que Marea “non vai de farol” cando advirte de que levará esa adxudicación aos tribunais, e sinalou que leva desde 2016 denunciando os problemas desa concesión, sen que o goberno lles escoite “nin a eles, nin aos propios traballadores da empresa”, asegura.

Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome, portavoces de Marea de Vigo/ Miguel Núñez

“É rotundamente falso que o goberno siga adiante co expediente”, proclamou, e recordou que dito expediente se abriu, supostamente, por incumprimento do contrato por parte de Dornier ao despedir a varios traballadores. A ese respecto, matizou que a empresa incorreu noutros moitos incumprimentos e “non existiu unha fiscalización” por parte do goberno municipal.

“Aquí a única boa vontade puxérona os traballadores. Aquí hai moito que esconder”, sinalou Pérez Correa, e preguntou “como é que se eliminaron prazas da XER e a empresa gardou silencio”. Por iso, Marea mantén a súa intención de denunciar á mesa de contratación, “pola dignidade dos traballadores, que tiveron que aguantar máis de 100 días de mentiras” (en alusión á folga que mantiveron ata hai uns días).

TRANSPORTE PÚBLICO

Por outra banda, Marea de Vigo incidiu en que a ‘zona azul’ é necesaria na cidade, porque “non hai un transporte público adecuado que permita prescindir do coche particular”.

A este respecto, referiuse ao próximo vencemento do período de concesión de Vitrasa, a empresa de bus urbano, e expresou o seu desexo de que o goberno local non prorrogue a concesión.

Rubén Pérez reclamou que se fagan auditorías sobre esa concesión e expresou as súas sospeitas acerca da elaboración do novo prego de condicións para o bus urbano. Segundo advertiu, os técnicos municipais que traballan nese prego están afectados pola sentenza que anula os acordos sobre a libre designación de altos funcionarios.

“Vigo pode asumir directamente o transporte público, e remunicipalizar o servizo”, asegurou o portavoz de Marea, quen incidiu en que o seu grupo “non se fía da contratación” no Concello olívico.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...