InicioSociedadeResolto: todos os propietarios de vivendas na zona cero de Paramos recibirán...

Resolto: todos os propietarios de vivendas na zona cero de Paramos recibirán licenzas de reconstrución

Unha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas que estaban fóra de ordenación.

PUBLICADO O

Unha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos (Tui) afectadas pola explosión pirotécnica e que estaban fóra de ordenación. Deste xeito, a Xunta responde a petición do Concello para garantir que se lle dea licenza de reconstrución aos propietarios de todas as vivendas levantadas antes da explosión do 23 de maio.

Os veciños foron informados polo alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o xerente urbanístico da catástrofe, Rubén Vázquez. nunha reunión no Centro Cultural de Guillarei.

A disposición adicional entrará en vigor o 1 de xaneiro e foi desñada para circunstancias excepcionais como esta”. deseñada para zonas declaradas gravemente afectadas por unha emerxencia de protección civil polo Consello de Ministros. Nese sentido, Vázquez Padín dixo que “foi unha modificación lexislativa conseguida desde Tui, que puxo en marcha a Xunta de Galicia”.

O alcalde tamén fixo referencia á súa recente visita a Madrid, onde se achegou para trasladar ao Goberno central as súas cartas coas reivindicacións do Concello, urxindo o inicio do desentullo. Segundo Vázquez Padín, a resposta foi que “recibirá contestación en breve”.

“Polo menos queda claro que son conscientes que teñen un problema sobre a mesa sen resolver”, expresou o alcalde aos veciños. Agora, o rexedor confía en que o Goberno se poña con este labor a través dun “encargo de xestión, que é a formulación xurídica que permite que en circunstancias excepcionais” se poida “adxudicar a unha empresa pública este tipo de obras”. Eses traballos, indicou, poderían comezar no prazo dun mes e executarse en tres meses.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...