Investigado un mozo de Baiona por pegar a súa nai e cultivar marihuana no domicilio

Invernadoiro portátil para o cultivo de marihuana e plantas de cannabis / Garda Civil.
Invernadoiro portátil para o cultivo de marihuana e plantas de cannabis / Garda Civil.

Un mozo de 21 anos veciño de Baiona foi acusado pola Garda Civil de delitos de violencia doméstica, por mallar a súa nai, e contra a saúde pública, por ter unha pequena plantación de marihuana na súa casa.

Axentes da Garda Civil acudiron ao domicilio tras recibir a chamada de auxilio da nai, que estaba a ser agredida polo seu fillo, quen tamén ocasionou desfeitas no fogar.

No domicilio, a Garda Civil puido comprobar ademais que había unha estancia cun invernadoiro portátil, equipado con todo o sistema de climatización e ventilación para o cultivo de marihuana. E nos andeis da mesma habitación había varias macetas, algunhas con plantas de cannabis de distintos tamaños, ademais de botes con fertilizantes e pastillas para o abono.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here