InicioSociedadeDenuncian o abandono do barrio de Pereiró: "Hai beirarrúas polas que non...

Denuncian o abandono do barrio de Pereiró: “Hai beirarrúas polas que non pasa un carro de bebé”

PUBLICADO O

O grupo municipal da Marea de Vigo reunise ao comezo desta terceira semana de outubro coa asociación de comerciantes do barrio de Pereiró (ACOPE), asociación que leva máis de dous anos denunciando a situación na que se atopan as súas beirarrúas e solicitando, tanto na Xunta coma no Concello de Vigo, a realización das xestións necesarias para clarificar as competencias de cada administración sobre os terreos que ocupa o treito inicial da PO-330 (Avenida de Castrelos) para poder executar as obras de humanización que precisa o barrio.

Marea de Vigo apoia estas demandas e pide que se executen xa as cesións correspondentes nesta zona. “Non é admisible que a veciñanza do barrio, que paga os mesmos impostos que o resto de vigueses e viguesas, teña que vivir con beirarrúas por onde nin pode pasar un carro de bebé ou mesmo carecen de luz pola noite por falta de espazo para poñer unha farola” subliña Rubén Pérez.

“Este tipo de actuacións son as que o Goberno local ten que levar a cabo como humanizacións (cumprindo así co falado coa veciñanza, neste caso con ACOPE), e non os proxectos de mellora no pavimento que vén de anunciar o alcalde, proxectos que non son humanizacións, senón simplemente o botar piche e desbrozar valados típico de cando chegan os procesos electorais”.

Marea de Vigo lembra que “máis do 36% dos veciños e veciñas de Vigo non viven no núcleo urbano da cidade e que apenas o 17% das inversións en obra pública consignadas neste orzamento 2018 acaba destinado aos seus barrios”.

“Ademais, na maioría dos casos, os proxectos non conteñen a mellora da rede de saneamento e subministro de auga coa que en moitas ocasións o goberno e a concesionaria as xustifican. Nuns barrios onde ademais a rotura das tubaxes está a orde do día” engade Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...