InicioCulturaTui reivindica o legado patrimonial que a comunidade xudía deixou na cidade

Tui reivindica o legado patrimonial que a comunidade xudía deixou na cidade

O concello participa este venres na Asemblea xeral da Red de Juderías de España, que terá lugar en Lucena, Córdoba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa este venres, 24 de xuño, na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Nela reuniranse as persoas representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.

Entre os asuntos a debater na Asemblea destacan o informe de xestión do primeiro semestre de 2022, así coma as solicitudes de integración de novas cidades na Red de Juderías – Caminos de Sefarad. Tamén se analizarán os retos que ten este colectivo de municipios para o período 2022- 2015.

A cidade de Tui forma parte da Red de Juderias dende o ano 2019 en recoñecemento ao importante acervo patrimonial que conserva a cidade relacionado coa presenza da comunidade xudía. “Con esta integración preténdese promover o importante legado xudeu tudense que ten exemplos destacados como a colección de ‘Sambenitos’ do Museo Diocesano”, explica o concello.

“As diversas testemuñas da presenza desta cultura na nosa cidade constitúen un importante recurso cultural e turístico que contribúe a diversificar a oferta turística centrada no turismo cultural”. A pertenza á Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad é, para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, unha “gran oportunidade para a nosa cidade, pois abre novas posibilidades de promoción e de posicionamento de Tui e dos seus
recursos culturais e turísticos”.

CAMPIONATO DE KUNG FU

Noutra orde de cousas, máis de 300 deportistas participarán este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, que se celebrará a partir das 10.30 h no pavillón Gustavo Rodríguez. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. 

Na presentación deste campionato, que tivo lugar na casa do concello de Tui, o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “para a Eurocidade Valença-Tui ser sede de cantos actos e probas deportivas se organicen é unha satisfacción. Creo que ningún lugar mellor ca este para acoller este tipo de probas”.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...